Envíos e devolucións
Envío do paquete Como norma xeral, os paquetes envíanse dentro das 24 horas seguintes á recepción do pagamento. Os envíos realízanse de luns a venres. Traballamos con Correos e MRW, e normalmente o prazo de entrega é de 24 a 48 horas. Independentemente da modalidade de envío que escollas, proporcionarémosche unha ligazón para que poidas seguir o teu pedido en liña.
Gastos de envío Os gastos de envío son sempre de 6 euros, independentemente da cantidade de artigos adquiridos. Este importe inclúe os custos de manipulación, embalaxe e envío postal. No caso de cambio de artigo, aplicarase un custo de 7 euros polo dobre envío: enviar o artigo a cambiar e recibir o novo.
Devolucións O cliente dispón de 30 días para devolver o artigo adquirido. A devolución non ten custo ningún. O importe do artigo devolto será reembolsado unha vez recibido e comprobado que está en perfecto estado.
Tramitación de devolucións e cambios As devolucións e os cambios dos pedidos deberán xestionarse a través do Servizo de Atención ao Cliente por teléfono (627 340 893) en horario de 9:00 a 13:00 horas de luns a venres, ou por correo electrónico a contacto@calzadosbernardo.com.