Calzado Bernardo a nosa historia.
Vendemos calzado dende 1958. Traballamos con coñecidas marcas nacionais de fabricación, buscando un produto de calidade a bo prezo. Anos de experiencia atendendo aos nosos clientes, buscando o mellor servizo. Contamos cunha tenda física e dende 2012 comezamos co comercio en liña ofrecendo unha selección dos nosos produtos de calidade, facilitando aos nosos clientes a entrega rápida das súas compras a domicilio, intentando mellorar día a día cun bo servizo e atención aos nosos clientes. .
Grazas a todos polo voso apoio constante.